Victoria en casa de Jesús Souto no Spanish Masters de squash celebrado no Milladoiro

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

AMES

CEDIDA

Xogadores de máis de 15 nacionalidades, de entre 35 e máis de 75 anos, déronse cita esta fin de semana na única proba de España do circuíto europeo

19 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O Squash do Milladoiro acolleu esta fin de semana un torneo do deporte que dá nome ao ximnasio de Ames , no cal participaron 120 xogadores de máis de 15 nacionalidades de entre 35 e máis de 75 anos. Tratábase da única proba en España do circuíto Masters europeo e un dos ouros quedou en casa. Logrouno Jesús Souto, quen obtivo a vitoria na súa categoría (maiores de 55 anos) ao derrotar ao portugués Carlos Mendes na final.

Desde o Squash celebran os «bos resultados dos xogadores locais» nas súas respectivas categorías: Maju Bicada (cun quinto posto), Mónica Álvarez e Tito Sánchez (sextos), Jesús Pazos e Carlos Veiga (sétimos) e Félix Sotelo (oitavo).