O proxecto para a praza de abastos de Bertamiráns deberá estar listo en tres meses

La Voz SANTIAGO

AMES

CEDIDA

O Concello adxudica a redacción do proxecto por 33.000 euros

12 ene 2024 . Actualizado ás 05:05 h.

O Concello de Ames encargou a redacción do proxecto para transformar a coñecida como Casa de Barbazán, na travesía de Bertamiráns, nunha praza de abastos cun espazo asignado para a venda de produtos de proximidade e outro como área de estacionamento.

O prazo para elaborar este estudo, cuxo custo supera os 33.000 euros, é de tres meses. O alcalde de Ames, Blas García, sinala que con esta adxudicación «dase un paso máis para que o mercado municipal de abastos de Ames sexa unha realidade». «Trátase dunha obra moi importante e necesaria para Ames. Cubrimos unha demanda que vai axudar a dinamizar o concello e o comercio local», engade lle rexedor.

O custo estimado do mercado supera o millón de euros, polo que o Concello busca financiamento. Previamente, García avanzou que o proxecto recibiría fondos da Deputación.