A terceira fase do plan contra incendios de Ames prevé a plantación de 4.000 árbores

Emma araújo SANTIAGO / LA VOZ

AMES

PACO RODRÍGUEZ

O proxecto municipal comezou no 2016 e este ano podería estenderse a doce hectáreas máis

17 novs 2018 . Actualizado ás 05:10 h.

O plan amiense de prevención de riscos forestais utilizando a fórmula de plantar árbores frondosas e caducifolios para protexer os núcleos de poboación chegou á súa terceira fase. Neste caso, a capacidade máxima do programa está en catro mil árbores, repartidos nunhas doce hectáreas de terreo nas que poderían crecer variedades frondosas e caducifolias como castaños, avellanos, nogueiras e cerdeiras.

Os espazos seleccionados polos técnicos para esta convocatoria son os do monte de Outeiro, Pena Amarela, Ventosa, Lombao e a urbanización El Bosque Animado. O terreo no que se poderá actuar para limpar as franxas de protección, eliminar árbores non autorizadas e plantar especies que axudan a conter o lume, está distribuído en 523 leiras, das que 54 teñen natureza urbana.

O seguinte paso será contactar cos propietarios para exporlles a firma dun convenio de colaboración.

Ademais da redución do risco de incendios, o tipo de árbores seleccionadas tamén permite aos propietarios do chan dotar ao monte de , «uso social e veciñal»segundo resaltou o edil de Medio Ambiente de Ames, Javier García, durante a presentación do programa.

Coa terceira fase do programa aínda sobre o papel, os técnicos están revisando a evolución das árbores plantadas o pasado inverno e traballando na retirada dos eucaliptos rebrotados, piñeiros e acacias en terreos distribuídos en 130 parcelas.

2.385 plantas

Árbores

A campaña de plantacións comezou no 2016.

81 acordos

Propietarios

Achegan o 20 % do custo do programa de prevención.

58.000 €

Financiamento

A maior parte do gasto é de persoal (34.000 euros).