Sancionados por desprazarse a un funeral en Sanxenxo e por fumar sen gardar a distancia

La Voz

SANXENXO

concello de poio

23 novs 2020 . Actualizado ás 18:02 h.

Entre as corenta denuncias tramitadas esta fin# de semana en Poio por incumprimentos das restricións sanitarias, a Policía Local constatou un total de oito incumprimentos do peche perimetral. Entre eles, o caso de tres veciños deste municipio que se desprazaron ata a veciña localidade de Sanxenxo para acudir a un funeral, pero tamén o dun grovense que foi localizado en Raxó sen que puidese achegar unha causa xustificada.

Desde o Concello destacaron, así mesmo, que estes controis non se limitaron unicamente ás estradas do municipio, senón que tamén se inspeccionaron as autocaravanas do aparcadoiro habilitado na Seca. As fontes consultadas remarcaron que foron identificadas tres persoas, en dous vehículos diferentes que procedían, respectivamente, de Madrid e de Ourense.

Desprazamentos en coche

No ámbito destes controis, as denuncias tamén se dirixiron a oito persoas que se desprazaban en distintos coches acompañadas por non convivientes e sen empregar a máscara sanitaria obrigatoria. Para rematar, e non menos significativo, é o feito de que, segundo precisaron desde o Concello de Poio, procedeuse a denunciar a un viandante que se atopaba fumando na vía pública sen respectar o distanciamento social con respecto doutras persoas.