Retencións na autoestrada ao seu paso por Pontevedra polo envorco dun coche

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

DXT

As primeiras hipóteses apuntan na dirección de que o condutor, que non requiriu de asistencia sanitaria, puido quedarse durmido

26 mares 2024 . Actualizado ás 18:50 h.

Desde pouco antes das nove desta mañá, o envorco dun turismo na autoestrada AP-9 á altura da parroquia de Salcedo, en Pontevedra, está a provocar retencións nos vehículos que se dirixen a Vigo. Desde o 112 apuntaron a posibilidade de que o accidente, que tivo lugar no punto quilométrico 132 desta estrada, puido deberse a que o condutor se quedase durmido.

A este respecto, as fontes consultadas apuntaron que esta persoa, en todo caso, atópase ben e non requiriu de asistencia sanitaria despois de que o seu coche sufrise unha saída de vía envorcando nas inmediacións da ponte sobre o río Lérez e do desvío cara a Marín.

Neste punto, desde o 112 precisaron que se deu aviso á Garda Civil de Tráfico, así como á Policía Local e os Bombeiros de Pontevedra.