Grazas, Santi

Juan Manuel Rey Rey , alcalde de Caldas de Reis PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

El arquitecto Santiago Domínguez Baltar, nacido en Caldas hace 76 años
O arquitecto Santiago Domínguez Baltar, nacido en Caldas hai 76 anos A.F.M.

Por Juan Manuel Rey Rey , alcalde de Caldas de Reis

20 mares 2024 . Actualizado ás 09:08 h.

Grazas, Santi:

Toda morte dunha persoa próxima, dun amigo, déixache un pouso de tristeza e melancolía e o mellor xeito de superar e honrar a túa memoria son os recordos. No meu caso, os vinculados á amizade e tamén ao cargo.

Sin duda poucos como ti eran coñecedores da historia e das historias de Caldas, amenizáchesme comidas ou viños que compartimos con historias acaecidas no «Cabaré» (auténtico Ateneo da época), desde as «actividades» extraordinarias dos carcereiros don Julio e Cazolada, non todas confesables, ao concurso de acordeóns onde competían entre outros os afamados «Cazolada», «Lufo» ou «Sinsonte». 

Xenial xa era o pasquín que o anunciaba e que gardabas como ouro en pano, o seu deseño e as frases xeniais e enxeñosas que eu sempre crin que serían obra de Ventura. Da historia quedo cos coñecementos e documentación que tiñas da Torre de Dona Urraca.

Para rematar, quero agradecerche e dar coñecemento aos veciños da axuda que me supuxeches en dúas dos logros importantes do meu tempo na alcaldía: a Escola de Música e a compra da leira de Segade.

No primeiro dos casos, aínda que o traballo foi profesional, a túa implicación superou con fartura este concepto e grazas a iso hoxe gozamos dunha exemplar Escola de Música e tamén quero agradecerche o acompañamento e achegamento aos directivos de Fenosa na compra da Leira de Segade.

Por isto e por moito máis, que a terra che sexa leve.

Descansa en paz.

 J.M. Rey