Estas son as mellores tapas de bravas de Galicia

PONTEVEDRA CIDADE

ALBERTO LÓPEZ

Seis locais galegos que seguen apostando por un clásico que nunca falla

18 feb 2024 . Actualizado ás 18:44 h.

Unha tapa ben picante, aínda que algunha máis que outra, é a que ofrecen nestes locais nos que triunfa unha receita tan de sempre. Desde as máis clásicas á versión máis actual con toques cítricos, hai bravas ata de premio nesta saborosa ruta

Martina Miser

Tapería Terra, Pontevedra

Xa non quedan moitos bares en Pontevedra que sirvan unha boa ración de patacas bravas. Ten que ser un dos últimos en abrir quen volva pór de moda unha das tapas por excelencia. Terra abriu as súas portas na Pedreira a finais de outubro. Co seu local devolvía o movemento a unha das prazas que se quedaron en silencio. Hoxe as súas patacas bravas e o seu pratos tradicionais son un reclamo. 

XOÁN A. SOLER

O novo Vilar 64, Santiago 

Se hai unhas bravas famosas na capital galega son as que facían en Vilar 64. As súas famosas perlas bravas foron premiadas a nivel nacional, todo un reclamo que serviu para catapultar o gastrobar dirixido por Diego Negueruela e Antonio Ferreiro Barrios. «Neste ano e medio vendemos alí máis de 20.000 perlas», din estes hostaleiros, quen están en pleno proceso de mudanza do negocio neste momento. O local da rúa do Vilar xa se lles quedaba pequeno para atender a demanda, polo que buscaron outra cunha cociña e sala máis grandes non moi lonxe de alí, no Franco, onde non faltarán os seus populares bravas e estarán dispoñibles a partir de marzo, calculan eles.

ANA GARCÍA

Furna Atlántica, Caión (A Laracha

Tanto serven de entrante e para compartir, como para acompañar unha cervexa ou un viño e ata unha hamburguesa. E non son necesarios os cubertos. Neste restaurante de Caión, unha fiestra ao Atlántico, as patacas bravas son moi demandadas. Usan o mellor tubérculo da zona, o de Coristanco . E a salsa, a base de maionesa, ten «alegría», di Alberto Cuenca, un dos xerentes, para que «pique algo». Un pouco de cebollino decora o prato, que custa 8 euros. Furna Atlántica sostén un solete da Guía Repsol

ANGEL MANSO

Yebra Gastrobar, A Coruña

Froito da cociña canalla que David Yebra practica no gastrobar que leva o seu apelido no paseo marítimo coruñés xorden unhas patacas bravas de influencia libanesa (coñécense como batata harra) que non deixan indiferentes. Unha vez fritas en cubos, as saltea con allo picado e chiles vermellos e verdes, engádelles un chorro de zume de limón para contrarrestar e remátaas con cilantro. «Non as fago moi picantonas para que sexan aptas para todos os públicos», sinala con certa picardía. Atrévesche a comprobalo? 

Santi M. Amil

Tapería Gaia. Celanova, Ourense

Patacas da Limia, de variedade agre, e unha salsa con diferentes picantes e unha base de maionesa son os ingredientes principais da receita de bravas que a Tapería Gaia vén ofrecendo con éxito desde a súa apertura en Celanova no ano 2016. Era un prato que xa ofrecían no local que tiñan antes en Allariz , explica o xerente, Álvaro Rodríguez. Friten as patacas e elaboran a salsa na cociña da tapería. Non é moi picante, pero pode ser máis intensa, con pemento ou cayena, segundo os gustos dos clientes. É, sin duda, un dos pratos estrela de Gaia.

ALBERTO LÓPEZ

Restaurante Eduri, Lugo

Na cidade da Muralla romana, a gastronomía é un monumento máis. O centro da localidade presume de tapas e racións cada semana, pero as bravas son o prato estrela soamente en lugares moi sinalados. No Restaurante Eduri, Iria, unha das súas traballadoras, afirma que a súa clientela «é moi fiel a este prato» e que «só nos piden unha cousa: que piquen». Alí, a receita das bravas prescinde de aderezos. «A nosa receita xunta a sinxeleza co carácter, porque unhas boas bravas non teñen que levar máis que salsa e pataca», remata.