1905: Tres homes rouban 1.500 pesetas da casa dun sacerdote

La Voz

PONTEVEDRA CIDADE

CAPOTILLO

1905

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Tal día como hoxe, hai 114 anos, a Voz de Galicia facíase eco dun roubo perpetrado na casa dun sacerdote. Relataba o xornal que o suceso ocorreu en Pontevedra, na mesmísima praza da Peregrina. «Aquel día, ás nove da mañá, tres suxeitos entraron en casa do sacerdote, que se atopaba só. Ao velos, o eclesiástico mandounos pasar ao comedor e, cortésmente, invitoulles a que explicasen o motivo da súa visita. Os tres homes, aparentemente descoñecidos para o sacerdote, responderon cunha petición insólita: necesitaban 1.000 pesetas [6 euros], e necesitábanas no acto».

O sacerdote negouse, continúa a crónica, «e como resposta os tres homes, en actitude agresiva, sacaron a relucir unha trenchua e ganzúas, ameazando con violentar todos os caixóns da casa se o párroco non lles entregaba o diñeiro. Ante esta situación, o presbítero, rematou por acceder e entregoulles 1.500 pesetas que, en días anteriores, recadara como apoderado do ex-ministro de Marina , o señor Cobián».

Os homes recolleron o diñeiro. No entanto, e como curiosidade, destácase que no canto de levarllo todo, «decidiron deixar cincuenta pesetas como agasallo, para agradecer o café que o sacerdote lles serviu».