Emanuela Ferrari, Cheikh Fayé e John Holloway, hoxe na Semana Galega de Filosofía

La Voz PONTEVEDRA LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

23 abr 2019 . Actualizado ás 09:45 h.

O programa de hoxe, martes, da Semana Galega de Filosofía ábrese ás 10.30 horas cunha charla de Emanuela Fornari, da Universidade de Roma III, titulada «Fronteiras epistémicas e revolución espacial».

Na sesión de tarde, ás 17 horas, intervirá o escritor Cheik Fayé, que falará sobre «Migración e integración en Galicia».

 Por última, a sesión de peche, ás 20 horas, estará a cargo do sociólogo, filósofo, escritor e politólogo John Holloway, que titula a súa charla «¡Rompamos todas as fronteiras!».

Todas as cobferencias teñen lugar no Teatro Principal de Pontevedra.