Francisco Cortegoso morre o día despois de que o seu segundo poemario vise a luz

Carmen García de Burgos PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIDADE

Suicidas chegou onte ás librerías, apenas unhas horas antes de que falecese o novo poeta

05 oct 2016 . Actualizado ás 20:40 h.

Francisco Cortegoso faleceu hoxe, aos 31 anos, na súa casa familiar da parroquia de Bora, en Pontevedra, por mor de un cancro. O novo poeta había chegado a tempo de ver a súa última obra, Suicidas, un segundo poemario -que recollía algún dos seus primeiros traballos e engadía outros novos-, que chegaba onte ás librerías.