Cinco positivos por alcol e drogas nun control de tráfico en Ponte Caldelas

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

CONCELLO DE PONTE CALDELAS

O operativo estivo instalado de madrugada na rotonda de Cuñas

11 jul 2020 . Actualizado ás 12:10 h.

A Policía Local de Ponte Caldelas e a Garda Civil de Tráfico colaboraron nun control de alcol e drogas que tivo lugar a pasada madrugada na rotonda de Cuñas. O control estivo operativo durante unha hora e media, desde as doce da medianoite á unha e media da madrugada. Participaron sete axentes e realizáronse oitenta probas, entre test de drogas e alcoholemias, das que cinco deron positivos e instruíronse as correspondentes dilixencias.

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, explicou: «A Policía Local de Ponte Caldelas conta neste momento con dous axentes de xeito permanente que, durante os meses de verán, traballarán aleatoriamente en turnos de mañá, tarde e noite, velando sempre pola seguridade dos veciños».