Novo ataque de lobos en Ponte Caldelas

La Voz PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

RADIO NOVA

Unha poldra de dous meses perdeu a vida en Baltar, nunha zona próxima a casas

03 may 2020 . Actualizado ás 18:20 h.

Ataques de lobos cada vez máis preto de zonas habitadas. É o que denuncian gandeiros e veciños do municipio de Ponte Caldelas, onde na madrugada do venres ao sábado volveuse a rexistrar un ataque de lobos a animais domésticos. Neste caso foi unha poldra de dous meses a que perdeu a vida a consecuencia das feridas causadas. Ocorreu no lugar de Baltar, en Xustáns. Hai un mes foi un rabaño de ovellas de Forzáns o que sufriu a arremetida. Os feitos sucedidos en Baltar xa se puxeron en coñecemento da Consellería de Medio Rural para que determine cantos lobos puideron participar.