Convocados os propietarios afectados pola estrada de Laxoso, en Ponte Caldelas

Marcos Gago Otero
Marcos Gago PONTE CALDELAS / LA VOZ

PONTE CALDELAS

A Xunta cita aos veciños para as actas de ocupación dos terreos e o pagamento das expropiacións

20 may 2019 . Actualizado ás 11:15 h.

A Consellería de Infraestruturas convocou aos propietarios afectados polas expropiacións da estrada de Laxoso, en Ponte Caldelas, para o levantamento das actas de ocupación e o pagamento dos terreos. O Boletín Oficial da Provincia publica este luns a relación de afectados e os días en que se lles cita no Concello de Ponte Caldelas, en horario de nove e media da mañá a unha e media da tarde. Os días elixidos son 11, 12 e 13 de xuño. No mesmo acto ofertarase aos veciños as valoracións establecidas pola Administración autonómica para cada unha das leiras en concepto de mutuo acordo.