Mabel Lozano leva a lacra da explotación sexual das mulleres ao IES de Poio

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

CONCELLO DE POIO

O alumnado asistiu a proxección de «Mozas Novas 24 horas» e a unha exposición

19 dic 2023 . Actualizado ás 16:57 h.

A longo da mañá deste martes, o alumnado do IES de Poio tivo ocasión de visionar o documental Mozas Novas 24 horas, audiovisual co que Mabel Lozano denuncia o negocio que xera a explotación de mulleres e nenas. A proxección deste traballo documental complementase cunha exposición centrada no mesmo, actividades que se integran dentro da programación impulsada dende o concello, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e da Fegamp, para conmemorar o 25N.

CONCELLO DE POIO

Deste xeito, os alumnos tiveron ocasión de coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai afectadas por esta lacra. Mozas Novas 24 horas esta producido e guionizado por Mabel Lozano, «cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que ten abordado a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía», destacaron dende o Concello de Poio.

Así, aludiron a que Biografía do cadáver dunha muller recibiu o Premio Goya á mellor curtametraxe documental.