Identificado un mozo en Poio por realizar vendas de haxix a domicilio

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

POLICÍA LOCAL DE POIO

A Policía Local xa deu conta ao xulgado de Pontevedra

27 sep 2023 . Actualizado ás 15:26 h.

A Policía Local de Poio , o pasado 16 de setembro, identificou a un mozo veciño deste municipio como sospeitoso de traficar con sustancias estupefacientes na contorna de San Salvador. Fuentes policiais precisaron que esta persoa «foi a facer unha venda a un domiciliou», de tal modo que, «despois de ter acreditada a venda das sustancias estupefacientes a policía interveu o haxix como proba».

Engadiron que se ten constancia de que «non era a primeira vez que realizaba reparto pola mesma zona».

Como consecuencia destes feitos, abríronse dilixencias de investigación dando conta da mesma ao xogado de garda de Pontevedra.