A emerxente canteira do Ari Foz Contact conseguiu nove medallas no Galego de kick boxing

La Voz FOZ / LA VOZ

MARÍN

CEDID

Subaru Kato proclamouse campión no certame de tatami celebrado en Marín

09 feb 2024 . Actualizado ás 23:06 h.

Os discípulos de Vanessa Ares e Ismael Adestra no Ari Foz Contact conseguiron nove medallas no Campionato Galego de kick boxing en tatami para cadetes, júniores, séniores e másteres celebrado a pasada fin de semana en Marín . «É un gran resultado, xa que todos menos un debutaban nun campionato, e algún chegaba con menos de tres meses de adestramento», destacou a laureada púxil mariñá.

Subaru Kato asinou o único ouro da expedición focense, mentres que Breixo García e José Baltar colgáronse medallas de prata, e Lorena Fernández, Maldini Correira, Javier RamosCarlos Fernández, Ilios García e Aya O Khiari sumaron bronces.

«Aínda que eu son de ring, tróuxenos ao campionato de tatami porque quería que vivisen as sensacións dun gran torneo. Antes de que acabe o ano quero facer canteira de ring na Mariña», detallou Ares.