Exposición de ilustracións de Miguel Anxo Prado en Cotobade

La Voz

CERDEDO-COTOBADE

25 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Fundación Antonio Fraguas do Museo do Pobo Galego inaugurarán hoxe unha exposición das ilustracións orixinais realizadas por Miguel Anxo Prado para o libro Os animais de Fraguas. O acto será ás 13.00 horas no Centro Cultural Antonio Fraguas de Cerdedo-Cotobade (A Chan 5, Carbaledo). A mostra, con colaboración de Xunta e Deputación, poderá visitarse ata o 29 de setembro.