Cotobade impulsa un albergue de peregrinos na Vía Marina

Alfredo López Penide
L. Penide COTOBADE / LA VOZ

CERDEDO-COTOBADE

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

As empresas interesadas poden presentas ofertas ata o 10 de agosto

01 ago 2023 . Actualizado ás 18:42 h.

Ata o 10 de agosto, o Concello de Cerdedo-Cotobade mantén aberto o prazo para aquelas empresas interesadas en facerse co contrato para «o acondicionamento de local e mellora da seguridade da Vía Mariana». O orzamento inicial é de 69.677,20 euros para unha actuación que ten como obxectivo a creación dun albergue para oito peregrinos no trazado polo que discorre a Vía Mariana.

Esta dependencias situarase nun local municipal situado na área recreativa próxima á praia fluvial da Chan de Carballedo. Deste xeito, búscase «a revitalización desta ruta do interior da provincia de Pontevedra e axudar a seguir dinamizando económicamente o municipio a través do turismo», tendo en conta que «nos últimos tempos estase detectando un enorme interese entre os visitantes a Vía Mariana e o Roteiro de Taverneiro que descorren polas parroquias de Aguasantas, Valongo, Loureiro, Carballedo, Santa María de Sacos e San Xurxo de Sacos, antes de adentrarse xa no veciño munipio de Campo Lameiro», precisaron fontes municipais.

Reunión con comuneiros

En paralelo, o goberno local ten previsto manter reunións con distintas comunidades de montes para solicitar a súa colaboración «á hora de acondicionar sendeiros e facer labores de roza e mantemento de espazos Concello de Cerdedo-Cotobade e vierios por onde transita a propia Vía Mariana». O alcalde Jorge Cubela ten claro que «supón unha oportunidade a curto e medio prazo para seguir potenciando a oferta turística do noso concello que está acadando un desenvolvemento moi importante ao longo dos últimos anos coa aparición de proxectos emprendedores no sector hostaleiro e gastronómico, así como toda unha serie de iniciativas relacionadas co turismo verde e familiar no que encaixa perfectamente a Vía Mariana e o Roteiro de Taverneiro».