Celebración dos 101 anos de vida de Laura

La Voz

CERDEDO-COTOBADE

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

O alcalde de Cerdedo-Cotobade entregoulle un ramo de flores e destacou o bo humero desta veciña das Lagoas

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, o popular Jorge Cubela, visitou este xoves a Laura, unha veciña do lugar das Lagoas, na parroquia de Rebordelo que cumpriu os 101 anos. O rexedor entregoulle un ramo de flores como agasallo e tamén charlou un pouco con esta veciña que mantén «un gran sentido do humor».