Predisposición da Deputación de Pontevedra a construír beirarrúas na Travesía Doa Urraca de Caldas

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

CALDAS DE REIS

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Luis López supeditou está actuación á dispoñibilidade dos terreos

07 may 2024 . Actualizado ás 16:55 h.

Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra, avanzou este martes ao alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, que os programas +Provincia e o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas deixarán preto dun millón de euros neste concello pontevedrés. «É o primeiro encontro oficial co alcalde de Caldas, aínda que xa tivemos outros informais. Tratamos cuestións que teñen que ver co Concello e xa trasladamos que na xunta de goberno deste venres imos aprobar o saneamento en Soutelo», sinalou.

Así mesmo, Luis López lembrou que nesta mesma liña 1 do +Provincia, Caldas solicitou axudas económicas para o saneamento na Igrexa, valorado en 200.000 euros, e a subministración dunha furgoneta e un furgón para o servizo municipal de obras, que teñen un custo de 40.200 euros.

Dispoñibilidade de terreos

López mostrouse predisposto a atender a demanda do rexedor de acometer a mellora da mobilidade peonil na EP-8005, concretamente na Travesía Doa Urraca, en cuxo contorna está previsto construír un centro médico. Así, Juan Manuel Rey solicitou ao presidente da Deputación a habilitación de beirarrúas, unha actuación que «estamos dispostos a realizar (...), pero sempre co condicionante da dispoñibilidade dos terreos», apuntou Luis López.