
08 abr 2025 . Actualizado a las 16:37 h.
O Concello de Bueu convocou unha nova edición dos Premios Johan Carballeira de poesía e xornalismo, cuxo prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 31 de maio deste ano. Este certame literario contará cunha dotación económica de 1.500 euros para ambas categorías, amais da publicación no caso do de poesía, tal e como vén sendo habitual, por parte da Editorial Xerais.