Activo un incendio forestal en Marín que leva cinco hectáreas calcinadas

Nieves D. Amil
Nieves D. Amil PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Incendio forestal en la zona de A Moreira, en Marín
Incendio forestal na zona da Moreira, en Marín cedida

Tres helicópteros e dous avións traballan na zona

27 jul 2025 . Actualizado á 20:33 h.

Desde as tres e vinte da tarde deste domingo o lume avanza polos montes da Moreira en Marín. A pesar de que non hai risco para as vivendas que están nunha zona próxima, as chamas levan case cinco hectáreas calcinadas. Desde Medio Rural recoñecen que se mantén activo, pero evoluciona favorablemente. A ausencia de vento durante a tarde está a axudar ás tarefas de extinción. A Xunta foi aumentado os medios durante o terreo para tratar de controlar o incendio. Na zona traballan un técnico, catro axentes forestais, dez brigadas, seis motobombas, tres helicópteros, unha pa e tres avións

 En apenas dúas horas queimáronse cinco hectáreas. A fumareda é visible desde Poio e desde distintos puntos de Marín, o que creou alarma entre os veciños. Pese ao balbordo, ata o de agora non hai risco para as vivendas da zona da Moreira. A última hora da tarde xa estaba case estabilizado.