
A axencia da ONU para os refugidos, disposta a colaborar co Concello de Pontevedra
30 abr 2025 . Actualizado á 11:01 h.A próxima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará do 6 ao 22 de marzo do 2026, terá a Palestina como cultura invitada. O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez (BNG), deu conta desta chiscadela á literatura en árabe nunha comparecencia que contou coa presenza, a través dunha videoconferencia, de Irene Martínez, responsable de comunicación da UNRWA, a axencia da ONU para os refuxiados palestinos, que mostrou a súa intención de colaborar co Concello.
Gómez Xunqueira subliñou que «a lingua árabe, que falan máis de 500 millóns de persoas no mundo, conta cunha literatura riquísima con máis de mil anos de antigüidade». Dedicar unha edición do Salón ao pobo palestino é unha «mostra de solidariedade con eles, especialmente coa cativada». Ademais, o concelleiro tamén anunciou que o tema central, que servirá de eixo condutor do Salón do ano 2026, será a música.