«Rapa», «As Neves», «Honeymoon» e «+ Cuñados» copan o maior número de candidaturas nos Premios Mestre Mateo
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
PONTEVEDRA
![](https://img.lavdg.com/sc/y9n29hPZ0Tp8t2AOZlx7GpdCMMk=/480x/2025/02/06/00121738843262385196263/Foto/i_20250206_125857000.jpg)
No transcurso dun acto celebrado na Deputación de Pontevedra tamén se anunciou que Tete Delgado será a presentadora da gala, mentres que Paco Lodeiro opta na categoría de mellor comunicador
06 feb 2025 . Actualizado a las 14:30 h.Nun acto no que se anunciou que a actriz Tete Delgado será a presentadora da gala dos Premios Mestre Mateo, a tamén actriz Susana Sampedro e o sonidista David Machado anunciaron na Deputación de Pontevedra os finalistas duns galardóns nos que a serie Rapa e as longametraxes As Neves, Honeymoon e +Cuñados copan corenta das candidaturas finalistas.
Así, a serie producida por Portocabo é a produción máis votada ao acumular dezaoito nominacións, entre elas as de mellor serie de TV, que comparte coas producións Clanes, El circo de los muchachos e Bibopalula, ao tempo que coloca a sete dos seus intérpretes como finalistas nas distintas categorías de interpretación, tanto maculinas como femininas: Mónica López, Javier Cámara, Dario Loureiro, Sheyla Fariña, Adrian Ríos, Diego Anido e Miguel de Lira. Nestes campos, Honeymoon coloca a tres dos seus intérpretes -Javier Gutiérrez, Antonio Durán, Morris, e María Vázquez-.
![](https://img.lavdg.com/sc/S3UJXBZZ9CESx2NcLojfM1MdHeE=/480x/2025/02/06/00121738843321338192428/Foto/i_20250206_125854000.jpg)
Completan as categorías de interpretación Federico Pérez por + Cuñados, Carmen Machi por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Andrea Varela por As Neves, María Pujalte por Clanes, e Lucía Veiga por Na gloria, actriz que repite como finalista en reparto por As Neves.
En canto ás longrametraxes, as candidatas son As Neves, + Cuñados, Honeymoon e Xustiza artificial, estando tres delas nominadas tamén á mellor dirección -Sonia Méndez por As Neves, Luis Avilés por + Cuñados e Enrique Otero por Honeymoon-, xunto a Jorge Coira e Javier Cámara por Rapa. Os nominados a mellor documental son Aurora, Filmei paxaros voando, Salvaxe, salvaxe e Prefiro condenarme, que tamén opta na categoría de guión polo texto de Margarita Ledo e Eva Veiga. Neste eido son tamén finalistas Pepe Coira e Fran Araújo por Rapa, Roberto G. Méndez e Enrique Otero por Honeymoon e Sonia Méndez por As Neves.
Categorías técnicas
Pola súa banda, nas categorías técnicas, optan ao premio á mellor dirección de produción Ana Míguez por Rapa, quen repite xunto a Javi Lopa por + Cuñados, María Liaño por Clanes e Nati Juncal por Prefiro condenarme, que opta tamén a este galardón xunto a Silvia Fuentes por As Neves. O Mestre Mateo á mellor dirección de fotografía recaerá en Alberte Branco por Prefiro condenarme, Jaime Pérez por Rapa, Lucía C. Pan por As Neves ou Sergio Franco por Honeymoon, e o de dirección de arte estará entre as candidaturas de Andrea Pozo por + Cuñados, Curru Garabal por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Elia Robles por As Neves e Inés Rodríguez por Rapa.
![](https://img.lavdg.com/sc/LbkMxbZNfRzg02U3xmhSn_nZfhk=/480x/2025/02/06/00121738843321724187860/Foto/i_20250206_125853000.jpg)
No de montaxe optan Adrián Pino por Honeymoon, Gaspar Broullón, Lu Rodríguez -que repite por +Cuñados- e Jorge Coira por Rapa e Juliana Montañés por As Neves. A categoría de maquillaxe e perruquería, pola súa banda, rexistra un pleno femenino con Fanny Bello, que opta por + Cuñados e mais por Rapa, Sonia García por As Neves, e Susana Veira e Bea Antelo por Clanes, mentres que en vestiario situaronse Alicia Dapena por Rapa, Maite Tailonte por Tratamos demasiado bien a las mujeres, María Fandiño por Honeymoon e María Porto por As Neves.
A outra cara da moeda, a categoría de son, con pleno masculino coas nominacións de Carlos Mouriño por Clanes, que repite xunto con Diego Staub e Pablo Rega por Honeymoon, David Machado, Javier Pato e Daniel Fernández por As Neves, Juan Gay e, de novo, Diego Staub por Rapa, así como na categoría de realización con Adolfo Fernández de Recollendo músicas, Jairo Iglesias de Nosoutras, Marcos Nine de Historias de aquí e Simone Saibene de Cinephilia. Esta última tamén opta ao premio a mellor comunicador xunto con Estíbaliz Veiga, Juan Fuentes e Paco Lodeiro.
Son oito curtametraxes compiten nas dúas categorías, de tal xeito que en imaxe real son finalistas Nai, Platónico, plantónica, Pura e Véxote, namentres que en animación optan Avetimología, Eu vou conmigo, Noites de prata e Sinapse.
![](https://img.lavdg.com/sc/uwXACTf0YvfUrV_zeP8TX7NQjbI=/480x/2025/02/06/00121738843262021259807/Foto/i_20250206_125855001.jpg)
A vinte e tres edición dos Premios Mestre Mateo completase cos premios á mellor serie web, con A moza que abortou e o contou, Poscoito, Pringadas e Pulp Air; videoclip con Aletejo, de Baiuca, Hi, my love, de Sabela, Marimondra de Mondra e Adela Otero, e Quererse ben, tamén de Mondra; programa con Cinephilia, Cos pés na terra, Nosoutras e Recollendo músicas; e anuncio publicitario cos de Arde lvcvs MMXIV, Cortello Club, Campaña contra a trata, Galicia Sabe amar e Non pode ser máis de aquí.
Os premiados coñeceranse o vindeiro 15 de marzo no transcurso dunha cea-gala no Lalín Arena.