A arte de Tato Heredia toma o Palacete das Mendoza

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

01 feb 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Ata o vindeiro 16 de febreiro, o Palacete das Mendoza de Pontevedra acolle a exposición A evolución dá mancha II, mostra pictórica de Tato Heredia. Natural de Pontevedra, o protagonista desta mostra «é fillo do tamén pintor Carlos Heredia, que se converteu no seu exemplo a seguir e foi quen lle deu consellos ata adquirir o seu estilo propio e inconfundible tras máis de trinta anos dedicándose á pintura», destacaron dende a Deputación.

Deste xeito, incidiron en que a inspiración do pontevedrés adoita ser Galicia no seu sentido xeográfico, «reflectindo os costumes e as maneiras de vivir e de traballar das súas xentes, plasmados en paisaxes tanto rurais como urbanas. A súa obra defínese por combinar riscos firmes con outros apenas insinuados, así como pola sinxeleza e a súa forza sutil».