As librerías de Pontevedra seducen ao escritor colombiano Santiago Gamboa
PONTEVEDRA
Como anticipo da conferencia que ten previsto ofrecer este venres, a partir das 19.30 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, o escritor colombianou Santiago Gamboa tivo ocasión de percorrer as rúas da cidade do Lérez, onde se deixou seducir por algunhas das súas librerías. Deste xeito, acompañado por Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Jorge Cubela, deputado de Xuventude, o autor de Páginas de volta, A síndrome de Ulises ou Colombian Psycho percorreu, ente outras, O Pobo, Escolma, Cronopios e Paz.
Esta visita produciuse antes da charla literaria que Santiago Gamboa ofrecerá como antesala da segunda edición do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e Artes, que «trala boa acollida da súa primeira edición volverá celebrarse no mes de outubro». Escritor, filólogo, columnista, correspondente, xornalista e diplomático, o autor debutou como novelista con Páxinas de volta, coa que «despuntou como unha das voces máis innovadoras da nova narrativa colombiana», engadiron desde a Deputación.
Ao tempo, confirmaron que hai previstas outras actividades complementarias ao encontro Pontevedra Literaria.