Kiko Rivera e O Combo Dominicano, na segunda edición do Barosa Fest

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

SAINZA PARDAL

O festival desenvolverase os próximos 26 e 27de abril

11 mares 2024 . Actualizado ás 17:14 h.

Os próximos 26 e 27de abril, a A Ac San Breixo de Barro organizará a segunda edición do Barosa Fest, que terá en Kiko Rivera e O Combo Dominicano os seus principais atractivos. De feito, ambas as actuacións están anunciadas para a primeira das dúas xornadas musicais, onde tamén se programaron sesións de DJ Sonic e DJ Dr.

Pola súa banda, o sábado está previsto un festival de DJ's. 

As entradas xa se poden adquirir a un prezo de 15 euros os abonos dos dous días, mentres que a entrada para unha das xornadas ten un prezo de oito euros en venda anticipada e de doce euros en despacho de billetes.