Xuízo en Pontevedra por 36 quilos de haxix: «Eu non tocaba iso. Estou retirado desde hai tempo»

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

A Audiencia repite a vista oral por unha transacción de cannabis despois de que o TSXG anulase o primeiro xuízo

17 ene 2024 . Actualizado ás 12:37 h.

Despois de que o pasado outubro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulase o xuízo que absolveu a dous acusados por unha transacción de 36 quilos de haxix condenado a un terceiro, a Audiencia de Pontevedra repetiu este martes a vista oral. E repetiuse o mesmo guion daquela primeira vista oral, o dos acusados defendendo a súa inocencia.

ADRIÁN BAÚLDE

Así, Antonio I. N. sostivo que os seus contactos co xa falecido Gerardo Varela Castro, un veciño de Sanxenxo condenado no seu día por narcotráfico , limitáronse á adquisición dun teléfono móbil en Xibraltar . Rexeitou, deste xeito, calquera relación coa partida de haxix: «Eu non tocaba iso. Estou retirado desde hai tempo».

ADRIÁN BAÚLDE

Os investigadores sosteñen que, a principios de abril do 2018, o ourensán acompañado do seu fillo A. I. C. partiron da súa localidade de residencia, Málaga, nun Ford Mondeo, mentres que Varela Castro, xunto cun cidadán albanés, desprazáronse nun Volkswagen Polo desde Mosteiro (Meis). Atopáronse nunha estación de servizo da A8, onde os primeiros, supostamente, entregaron a estes últimos unha maleta vermella co alixo de haxix, que foi valorado en máis de 196.480 euros.

ADRIÁN BAÚLDE

Antonio I. N. sostivo que descoñecía de «onde saíu a maleta (...). No meu coche non ía», á vez que tachou a Gregorio Castro de mentireiro.

Os outros dous acusados

Pola súa banda, o seu fillo negou ter sido a persoa que introduciu a maleta vermella no Volkswagen Polo, así como reiterou o obxecto da viaxe era poder ver á súa familia que reside en Ourense. Engadiu que coñeceu ao terceiro procesado, un albanés, durante a celebración do primeiro xuízo, extremo que confirmou este último. Acoutou que, se viaxou con Gerardo, foi por mor de que se decatou da súa intención de desprazarse a Santander , localidade que, segundo explicou, non coñecía. Iso si, confirmou que se detiveron na gasolinero onde puido observar como unha persoa introducía algo no maleteiro.

ADRIÁN BAÚLDE

Durante este xuízo, de igual modo, leuse o testemuño prestado por Gerardo Varela Castro durante a instrución xudicial, onde incrimina ao pai e o seu fillo, así como exonera ao seu acompañante. Convencido de que foi vítima dunha encerrona ou un engano, mantivo que lle contrataron para transportar «chocolate» por tres mil euros.

ADRIÁN BAÚLDE

De feito, sobre A. I. N. sinalou que se dedica ao haxix» dispondo, segundo o seu relato, dun basta rede de contactos por toda España e algúns países do estranxeiro. Así mesmo, incidiu en que se aceptou realizar o transporte, foi porque atravesaba un mal momento e que «se soubese que ía complicar ao seu amigo, non o levaría».