Un coche remata nas escaleiras da Ferrería de Pontevedra polo GPS

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Capotillo

Hai escasos días unha furgoneta acabou bloqueada na praza do Teucro

03 novs 2023 . Actualizado ás 21:07 h.

Fiarse do GPS, en ocasións, pode ter consecuencias inesperadas. Se hai escasos días, unha furgoneta rematou bloqueada nas escaleiras de pedra da praza do Teucro, este venres foi o condutor dun turismo Renault o que se viu na mesma tesitura, pero nas escaleiras da contorna da praza da Ferrería. Trátase dun punto do centro histórico no que non é a primeira vez que se producen este tipo de sucesos , como tamén sucederon na zona monumental de Combarro , en Poio .

Capotillo

Polo momento, non transcendeu que puido causar este equívoco. No caso da furgoneta que rematou atascada nas escaleiras que baixan da praza do Teucro á rúa Real, o condutor explicou que o GPS conduciuno ata este punto do centro histórico e que era tal a intensidade de choiva que caía nese momento que non se decatou da presenza das escaleiras.