O Banco de Alimentos recolle preto de 49.000 quilos de comida en só dous días

PONTEVEDRA

Banco de Alimentos

A Operación Quilo celebrouse en Pontevedra, Vigo, Vilagarcía e Lalín

27 jun 2023 . Actualizado á 09:38 h.

Dous días de recollida de comida dan para moito. O Banco de Alimentos logrou reunir uns 49.000 quilos de comida en tan só dous días coa campaña Operación Quilo Primavera, que se desenvolveu o 2 e 3 de xuño en Pontevedra, Vilagarcía, Lalín e Vigo. Máis de 200 voluntarios, co seu peto azul posto, acudiron aos principais supermercados destes concellos para facer desta iniciativa un éxito. Ademais da entrega de alimentos podíanse facer achegas económicas ao pasar por caixa. Máis de 6.000 quilos foron recollidos nos hipermercados de Pontevedra, Lalín e Vilagarcía, mentres 18.000 reuníronse en Vigo. O resto, ata lograr a cifra de 49.000 quilos foron doazóns económicas de todas as superficies adheridas á Operación Quilo Primavera. Algúns supermercados, como Mercadona ou Día, só aceptaban doazóns dinerarias, sen a presenza de voluntarios. Estes centros crearon saldos a favor do Banco de Alimentos. 

Esta Operación Quilo Primavera é a primeira vez que se realiza nos 54 Bancos de Alimentos de España. A idea é que a campaña se vaia consolidando a metade de ano para facer provisión de produtos de primeira necesidade. 

Só no 202, o Banco de Alimentos repartiu preto de dous millóns de quilos de comida e na actualidade atende a unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade.