O alcalde pide que se recupere a atención con dous médicos no PAC de Caldas

La Voz CALDAS / LA VOZ

PONTEVEDRA

05 ene 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, pediu por carta ao conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a restitución polas tardes do segundo médico nas urxencias do PAC deste municipio, unha praza que se eliminou a principios deste ano coa modificación do plan funcional do ambulatorio caldense.

Rey cre que esta decisión é «moi grave dado que as urxencias extrahospitalarias do PAC de Caldas atenden tamén á poboación dos concellos de Cuntis, Moraña e Portas, que suman en total máis de 21.000 persoas». O rexedor incidiu en que o ámbito deste territorio ten unha superficie de 211 quilómetros cadrados, cunha gran dispersión de poboación, «o que obriga a desprazamentos dos facultativos que deixarán sen persoal médico ao PAC durante moitos momentos das tardes»