O Ribadumia cae ante o Paiosaco e volve ao descenso (1-0)

La Voz PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

BASILIO BELLO

Otero sentenciou o partido antes do descanso

02 may 2021 . Actualizado ás 22:16 h.

Non foi a tarde para os equipos arousáns. O Ribadumia caeu na cancha do Paiosaco e volve meterse en posicións de descenso. Os de Luis Carro están empatados a puntos co CD Barco, que é cuarto no grupo pola permanencia de Terceira. Un gol de Otero minutos antes de ir ao descanso foi suficiente para deixar aos aurinegros nunha situación comprometida, a pesar de pelexar os 90 minutos.

Paiosaco: Adrián Rama, Sergio Vicente, Eduardo José Dias, Pombo, Iván Torres, José Vázquez, Adrián Otero (Ricardo Álvarez, min 85), Jesús Sayes (Carlos Fernández, min 74), José Moure, Jordi Verdejo e Alejandro Bernardo (Modia, min 66).

Ribadumia: Roberto Pazos, Diego Abal, David Gómez (Hugo Soto, min 63), Alejandro Fernández (Brais Bernárdez, min 73), Óscar Martínez (Matos, min 82), Javier Domingo, Charles do Vale, Pablo, José Ramón (David Giráldez, min 63), Padín e Óscar Iglesias .

GOLES: 1-0, min 44: Adrián Otero

ÁRBITRO: Juan Luis Davila, Andrés Seijo e Carlos Martínez. Amarelas a Sergio Ramón, Jesús López, Sayes, Adrián, José Ramón e Charles, do Paiosaco, e Eloy, do Ribadumia.