Nove horas de doazón de sangue en Cultura Quente

La Voz

PONTEVEDRA

EMILIO MOLDES

13 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Un ano máis, veciños e turistas tiveron a oportunidade de ser solidarios doando sangue ou facéndose doantes de órganos e tecidos nunha campaña. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue (ADOS) e unha mesa de Adrovi tomaron o paseo de Román López durante nove horas, en xornada de mañá e de tarde.