O Concello de Xinzo postúlase para sede do certame celtibérico de bandas

La Voz

XINZO DE LIMIA

Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas. Santi M. Amil

Os hoteis da comarca colgaron o cartel de completo

28 mares 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Xinzo postula á vila para ser sede permanente do Certame Celtibérico de bandas, tras o éxito desta edición. Segundo explican, durante a fin de semana os hoteis da comarca colgaron o cartel de completo. «Foi a ocasión perfecta para demostrar que o concello pode albergar un evento musical desta categoría, xa que Xinzo de Limia tamén é terra de gaiteiros», afirma a alcaldesa, Elvira Lama.