Concentración en Vilar de Barrio por pintadas machistas en espazos públicos

La Voz OURENSE

VILAR DE BARRIO

Imagen de archivo del municipio de Vilar de Barrio
Imaxe de arquivo do municipio de Vilar de Barrio Santi M. Amil

«Non imos a tolerar as insidias, os insultos, menos aínda os machistas, dirixidos as nosas veciñas», aseguran o Concello e os veciños nun manifesto que se leu durante a concentración

04 sep 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Este domingo, o municipio ourensán de Vilar de Barrio acolleu unha concentración como protesta por unhas pintadas ameazantes e insultantes contra as mulleres aparecidas no vila de Bóveda. Segundo explica o goberno local, as pintadas realizáronse en propiedades privadas e tamén en estradas. «Son feitos e palabras moi graves. Son violencia, fronte a que compre reaccionar», sinalan. O comunicado que se leu durante a concentración veciñal destaca que os veciños de Bóveda, do mesmo xeito que o do resto dos que conforman o municipio, son «pobos amigables e respetuosos. Por elo, debemos alzar a voz e dicir que estes comportamentos son intolerables».

O Concello sinala que como institución, e co respaldo do resto de veciños, non «vamos a tolerar as insidias, os insultos, menos aínda os machistas, dirixidos as nosas veciñas coa pretensión de amedrentar, de condicionar as súas vidas e de facelas sufrir».