O FIC de Verín participa no Entre Curtas de Chaves

La Voz

VERÍN

Carlos Montero, á dereita, no Entre Curtas de Chaves
Carlos Montero, á dereita, non Entre Curtas de Chaves Cedida

O festival ourensán colaborou na posta en marcha do proxecto portugués

17 may 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Ata hoxe • Chaves • O Festival Internacional de Curtas de Verín anunciaba hai uns meses a súa participación nun proxecto conxunto das dúas referencias da Eurocidade Verín-Chaves para crear un novo festival audiovisual en Portugal. Dende o mércores estase a celebrar o Entre Curtas, que así se denomina o novo certame audiovisual, e unha representación de Verín está a participar nas actividades do festival. Carlos Montero, do FIC, salientou a implicación nun «evento como este e poder crear sinerxias entre a veciñanza máis alá das fronteiras». Os dous festivais comezarán este ano a crear unha programación para os dous espazos e xa se conta con participación do alumnado do IES Taboada Chivite como xurado do apartado das escolas. Os traballos premiados no Entre Curtas poderanse ver no FIC deste ano.