A D.Ou. Monterrei e o Concello de Verín establecen sinerxías para a súa promoción

La Voz OURENSE / LA VOZ

VERÍN

Gerardo Seoane y Jonatás Gago
Gerardo Seoane e Jonatás Gago Cedida

Gerardo Seoane e Jonatás Gago asinaron un convenio de colaboración

25 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da D. Ou. Monterrei, Jonatás Gagou, e o alcalde de Verín , Gerardo Seoane, asinaron un convenio de colaboración para a promoción dos viños e do termalismo, a cultura e a natureza de Verín. «Entre os dous organismos acudimos a ducias de eventos turísticos, enolóxicos e culturais ó cabo do ano. Temos que aproveitar para dar una potente imaxe conxunta como destino de ocio, de termalismo, de cultura e de enoturismo», explicou o rexedor.

Jonatás Gago, pola súa banda, destacou a tradicional colaboración do Concello e a denominación de orixe, como sucede na celebración da feira do viño. Neste sentido, apostilou: «Debe profundar e ir a máis para aproveitar todos os escaparates que nos poden facer máis desexables e dar a coñecer os nosos recursos».

Ambas as entidades recoñecen a través do convenio o seu interese común nos ámbitos de desenvolvemento da comarca e de divulgación da súa oferta enoturística e cultural, mostrando a súa intención de colaborar.