Os menores participan na ludoteca de verán
22 ago 2023 . Actualizado ás 05:00 h.Os nenos da ludoteca municipal de Verín , de entre 3 e 5 anos, viaxaron a Laza para visitar a BRIF (Brigada de Reforzo en Incendios Forestais), onde gozaron dun día cheo de coñecemento e diversión. Durante a xornada, os sesenta pequenos tiveron a posibilidade de coñecer a base, as súas ferramentas e usos, ademais de familiarizarse cos protocolos de seguridade. Montaron en helicóptero participaron nun simulacro xunto aos pilotos e aprenderon nunha charla coa brigada de bombeiros.