O FIC Verín achega o cine aos espectadores do futuro

La Voz

VERÍN

cedida

Un total de 360 escolares participaron na primeira xornada de «Ver para ler»

03 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O FIC Vía XIV de Verín non só achega aos espectadores do festival a mellor produción de curtametraxes, tamén aposta pola formación dos futuros asistentes ás salas de cine. Na súa primeira xornada de funcionamento o Cine Marabillas, a actividade dirixida aos escolares, contou coa participación de 360 nenos e nenas de toda a comarca. No Auditorio de Verín asistiron á iniciativa «Ver para ler», actividade que ten como obxectivo achegar a maxia da sétima arte aos máis pequenos e vincular o cine coa lectura. Da man de Raquel Queizás, os alumnos do María Inmaculada e o Amaro Refojo -de Verín- e o CEIP Vilardevós implicáronse neste proxecto que mestura cine con literatura infantil e xuvenil a través dalgunhas adaptacións cinematográficas inspiradas en contos e libros clásicos. Os menores tamén puideron ver unha mostra de curtos do FIC Verín.