Un condutor chama para pedir axuda tras saírse da estrada e ferirse nunha perna en Verea

La Voz OURENSE

VEREA

Imagen de archivo de la ambulancia del 061.
Imaxe de arquivo da ambulancia do 061. PEPA LOSADA

Os equipos de urxencias axudaron ao home a saír do vehículo, pero non foi necesario excarceralo

21 ene 2024 . Actualizado ás 10:18 h.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Celanova recibiu ao redor das sete da mañá deste domingo a alerta dun accidente. O condutor dun vehículo que circulaba por a parroquia de San Mamede de Albos, en Verea , chamou co seu teléfono móbil ao 112 tras sufrir un accidente. Segundo explicaba, saíuse da estrada, caera por un desnivel e non era capaz de saír do coche.

Os equipos de urxencias desprazáronse ao lugar pensando que podía estar atrapado e, polo tanto, preparados para realizar traballos de excarceración, pero finalmente non foi necesario. O home sufrira feridas nunha perna, pero puido saír do coche grazas á axuda dos membros do GES. 

Segundo explico, o accidente ocorreu ao perder o control do seu vehículo pola acumulación de follas que había sobre a calzada.