Os Concellos de Cea e Piñor piden axudas á Xunta para arranxar deficiencias no CPI Virxe da Saleta

La Voz

SAN CRISTOVO DE CEA

Casa consistorial de Cea
Casa consistorial de Cea MIGUEL VILLAR

Educación lembra que as entidades locais teñen a obrigación de manter estes espazos

01 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Os Concellos de San Cristovo de Cea e Piñor e a comunidade educativa do CPI Virxe da Saleta remitiron un escrito á Consellería de Educación para que financie diferentes actuacións para acabar coas deficiencias do centro, entre elas a falta dun bedel. A Xunta lembra as axudas recibidas polo CPI este ano e lembra que o Concello de Cea non pode desatender as competencias que lles son propias.