O público da MIT de Ribadavia premia unha obra sobre a reconversión industrial en Vigo

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

Ibuprofeno Teatro representou  Reconversión  na MIT de Ribadavia
Ibuprofeno Teatro representou Reconversión na MIT de Ribadavia Santi M. Amil

Ibuprofeno Teatro leva un dos galardóns máis agardados da Mostra Internacional de Teatro 

28 jul 2025 . Actualizado a las 18:54 h.

Reconversión, da compañía galega Ibuprofeno Teatro, recibiu o Premio do Público da MIT de Ribadavia. Escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, trátase dunha proposta de gran formato con oito actores-músicos que, convertidos nunha charanga, interpretan en directo a banda sonora dun espectáculo que mestura o íntimo co político. A historia reconstrúe a reconversión industrial na ría de Vigo a través dunha figura central: o pai do autor, que traballou durante tres décadas no estaleiro Ascón e viviu en primeira persoa o peche da factoría en 1984 e as intensas mobilizacións dos anos 70 e 80. Trátase, afirman desde a compañía, dunha viaxe desde a posguerra ata o Felipismo, pasando polo auxe da industria siderúrxica e a evolución desde un estilo de vida rural a unha sociedade capitalista. Na segunda posición segundo o voto do público quedou Ovvio, de Kolektiv Lapso Cirk. O terceiro posto foi para Grandissima Illusione, de Cris Blanco.

O Premio do Público da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia recoñece as propostas que máis conmoven e conectan cos espectadores, facéndolles partícipes na construción do palmarés do festival.