Ribadavia aproba o proxecto de saneamento e beirarrúas para a travesía de San Cristovo

La Voz OURENSE / LA VOZ

RIBADAVIA

Pleno del Concello de Ribadavia.
Pleno do Concello de Ribadavia. concello Ribadavia

O convenio coa Hidrográfica permitirá un investimento de 800.000 euros para renovar as canalizacións na localidade

01 abr 2022 . Actualizado á 05:00 h.

Ribadavia deu o visto e prace á aprobación inicial do proxecto de novo saneamento e novas beirarrúas na OU-504, ao seu paso pola localidade de San Cristovo de Regodeigón. Hai un ano xa que Concello e Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) asinaron un convenio que xa se comezara a preparar con Ignacio Gómez (PSOE) como alcalde, no 2019. O proxecto redactouse en outubro pasado e o pleno aprobou este xoves, por unanimidade, a renovación das canalizacións. Calcúlase que a obra se adxudicará nun par de meses. O Concello negocia coa Xunta, titular da estrada, a prolongación do proxecto en 550 metros. De paso, Ribadavia pediralle á Axencia de Infraestruturas que mellore a seguridade viaria na zona. Todos os grupos apoiaron por unanimidade a aprobación. 

O pleno aprobou actualizar o canon da concesionaria do abastecemento de auga, Aqualia, sen que supoña modificar a taxa que pagarán os veciños. O portavoz do goberno, Brais Fidalgo, apuntou que estima que o Concello non terá déficit por iso xa que se compensará cun aumento do censo de casas.