A Confederación Hidrográfica investirá 440.000 euros en Ramirás

La Voz OURENSE / LA VOZ

RAMIRÁS

José Antonio Quiroga e Isabel Gil
José Antonio Quiroga e Isabel Gil Cedida

Os núcleos da Partida e Margarideiros mellorarán a calidade das súas augas

08 mar 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, asinaron o convenio para a mellora do saneamento da Partida e Margarideiros. Na actualidade, estes dous núcleos rurais non dispoñen dun adecuado sistema de depuración das súas augas residuais. As actuacións previstas, que supoñen un investimento da Hidrográfica de 440.000 euros, mellorarán a calidade das augas e dos ecosistemas fluviais.