O PSOE de Punxín urxe ao Concello a acabar coa falta de cobertura

La Voz

PUNXÍN

Lorena Peleteiro, candidata PSOE en Punxín
Lorena Peleteiro, candidata PSOE en Punxín Cedida

A portavoz socialista, Lorena Peleteiro, pide ao grupo de goberno soluciones para atraer poboación

17 novs 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE de Punxín urxe ao goberno local, formando por PP e CxG, a finalizar de forma inmediata cos problemas de cobertura móbil no municipio. «Nun momento no que o rural está en auxe e a posibilidade do teletraballo é unha realidade, Punxín está desaproveitando unha oportunidade única para atraer poboación», subliña a portavoz socialista, Lorena Peleteiro Vázquez.