Piñor programa actividades infantís e un campionato de Scalextric

La Voz OURENSE / LA VOZ

PIÑOR

Imagen de archivo de un Scalextric
Imaxe de arquivo dun Scalextric Santi M. Amil

O local social de Albarona acollerá varios actos

20 dic 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Piñor programou unha oferta de lecer para este Nadal centrado nos máis pequenos da casa. Xogar non ten xénero é o nome da actividade que terá lugar do 22 de decembro ao 5 de xaneiro e que se desenvolverá no centro social de Albarona, en horario de mañá. Inclúe a visita de Papa Noel e a excursión a Pazolandia, o 3 de xaneiro.

Este ano celebrarase un campionato de Scalextric dirixido tanto aos nenos como aos adultos. A inscrición para participar pódese realizar ata este xoves e o campionato terá lugar o sábado a partir das catro da tarde no local social. Haberá premios e unha merenda para os participantes.

Ademais, e por primeiro ano, o Concello de Piñor puxo en marcha un concurso de postais do Nadal entre os nenos da localidade. A proposta gañadora chegará nos próximos días a todas as casas do municipio.