Dous galaicos participan na Transvulcanica

La Voz LALÍN / LA VOZ

PARADA DE SIL

cedida

21 oct 2022 . Actualizado ás 20:31 h.

Os corredores do GTR Galaico Trail Run de Lalín Manuel Conce e Gustavo González participan este sábado na Transvulcanica. Unha proba de longa distancia que se celebra na illa da Palma cunha lonxitude de 74,6 quilómetros e cun desnivel acumulado de 825 metros. Ademais, o conxunto dezán viaxará o domingo a Parada de Sil para participar na cita do campionato autonómico de carreiras por montaña.