O PP de Padrenda aspira a manter a súa maioría e construír unha residencia para os maiores

La Voz OURENSE / LA VOZ

PADRENDA

Manuel Pérez Pereira, alcalde y candidato del PP en Padrenda
Manuel Pérez Pereira, alcalde e candidato do PP en Padrenda MIGUEL VILLAR

Manuel Pérez Pereira ten seis dos nove concelleiros do municipio

18 may 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de Padrenda (1.367 habitantes) debateranse este 28M por dúas formacións políticas: PP e PSOE. Nas eleccións do 2019 os populares conseguiron maioría absoluta. O alcalde, Manuel Pérez Pereira, recibiu o apoio do 60 % dos veciños e seis dos nove concelleiros en liza. O PSOE conta con tres edís, tras votarlle o 33 % dos habitantes do municipio.

O rexedor popular, que leva desde 1991 no posto, sinala que a súa maior ilusión de cara aos próximos catro anos é converter en realidade a construción dunha residencia de maiores, un obxectivo polo que leva pelexando varios anos. «É o que me dá forzas para seguir, inda que hai que se prudente porque levamos moito tempo demandándoa e non quero prometela de novo se non é unha realidade», subliña Pérez Pereira. Engade que en concellos como o seu é necesario estar pendente dos pequenos proxectos e arranxos continuos de estradas, entre outros, que supoñen un importante gasto para as arcas municipais pero que son fundamentais para o día a día dos veciños.

O PSOE presenta como candidato a Manuel Francisco Pereira González.