O novo delegado da Xunta en Ourense impulsa unha rolda de contactos con axentes económicos e sociais

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

El delegado, con representantes de Adido.
O delegado, con representantes de Adido. CEDIDA

Pardo Cid promete á asociación Adido a súa colaboración para a integración das persoas con discapacidade intelectual

07 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Manuel Pardo, que tomou posesión recentemente como delegado da Xunta en Ourense, impulsou unha rolda de contactos con distintos axentes económicos e sociais. Nese marco, este luns recibiu a representantes da asociación Adido e garantiu a colaboración da Xunta para a integración das persoas con discapacidade intelectual.