A bica ten cupón da ONCE

La Voz

OURENSE CIDADE

Cupón de la ONCE dedicado a la bica de Ourense
Cupón da ONCE dedicado á bica de Ourense MIGUEL VILLAR

A Organización Nacional de Cegos destaca este doce como un dos máis representativos de España

03 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A bica de Ourense protagoniza o cupón da ONCE deste domingo. Pertence á serie «Un doce?» coa que a organización difunde os pratos representativos da gastronomía española. «A Bica ten unha faragulla compacta e chea de sabor. Pódese degustar como sobremesa, almorzo ou merenda. Son varias as localidades ourensás que teñen como tradición elaborar a doce Bica, como Castro Caldelas, Trives, Laza, Chandrexa de Queixa ou Maceda. É unha tradición gastronómica de algo máis de 100 anos», sinalan desde a ONCE.

O sueldazo da fin de semana da ONCE ofrece, todos os sábados e domingos, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un só cupón. E premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos, a outros catro cupóns.